Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
DE FESTA

O Festigal chega unha vez máis ao Campus Sur

Os días 23, 24 e 25 de xullo son a ocasión para festexar con música, artesanía e charlas o Día da Patria, que os nacionalistas celebran o 25 de xullo. Nesta ocasión o recinto no que vai ter lugar o Festigal, no Campus Sur, acollerá concertos, galerías de ideas, de letras, audiovisuais, infantís e de software libre, feira de artesanía, café concertos e espazos para o asociacionismo.

- 11:59 14/07/2005
Tags:

Un dos principais reclamos do Festigal, ademais do xantar do 25 de xullo na carballeira de San Lourenzo, é o dos concertos, que este ano teñen un 90 por cento de presenza galega. Na noite do 23 de xullo, a partir das 23:00 horas, actuarán Samesugas, Os Diplomáticos e Dios Ke Te Crew. Para o día seguinte quedan o actor Carlos Blanco, Safari Orquestra, Presencia Zero, Expensive Soul de Portugal, La Phale dende Francia e Dj Vadim dende o Reino Unido. E como peche, no día grande da celebración da Patria as actuacións do Festigal correrán a cargo de Narf, Berrogüetto e, dende Guiné Bissau, Manecas Costa.


0/5 (0 votos)