"Foi un éxito en todos os sentidos" dixo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, en relación coa manifestación que se celebrou o pasado sábado en favor do translado da factoría de Lourizán. Lores salientou que, "máis alá da guerra de cifras", foi a maior manifestación sobre o futuro de ENCE que se celebrou nunca en Pontevedra e coa participación dos cidadáns de Pontevedra e da súa ría. "Agora a pelota está no tellado da empresa e debe actuar en consecuencia". Pola contra, Fraga volveu insitir este luns en que "é posíbel manter a ría de Pontevedra saneada e unha empresa -en alusión a ENCE- que siga contribuindo ao desenvolvemento económico de Galiza".