Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELEVO NA XERARQUÍA DA IGREXA

Demite Gea Escolano e substitúeo o palentino Manuel Monge

O bispo de Mondoñedo-Ferrol, José Gea Escolano, coñecido polas súas posicións ultraconservadoras, renunciou ao seu posto, e foille aceptado polo papa Bieito XVI. Este nomeou para a súa substitución o ata o de agora vigairo xeral de Palencia, Manuel Sánchez Monge. O novo bispo naceu na aldea palentina de Fuentes de Nava en 1947. Doutor en teoloxía pola Gregoriana de Roma, leva 35 anos exercendo como sacerdote. É autor de diversos libros sobre o matrimonio, como 'Parábolas como dardos : narraciones provocadoras para matrimonios inquietos' ou 'Serán una sola carne: estudio interdisciplinar sobre el matrimonio y la familia'. Tamén é castelan-leonés, neste caso de Zamora, o arcebispo de Santiago Xulián Barrio. Gea Escolano levaba 18 anos como bispo da provincia eclesiástica mindoniense.
Gea Escolano di que non lle preocupa que o Estado deixe de axudar a Igrexa
Contra a homofobia de Gea Escolano
Gea non quere a calquera nas aulas
Gea Escolano quere un partido antiabortista

- 16:01 06/06/2005
Tags:


0/5 (0 votos)