Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
INAUGURAN UNHA ESCULTURA NA MEMORIA DO CÁMARA ASASINADO EN BAGDAD

Alí Lmrabet recibe o premio Xosé Couso pola liberdade de prensa

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova, farán entrega hoxe venres día 27 de maio, do I Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa ao xornalista marroquí Alí Lmrabet. Os actos comezarán coa inauguración, no Cantón de Molíns de Ferrol, dunha escultura en memoria de Xosé Couso realizada por Manuel Patinha e titulada "Ás ceibes". Posteriormente, o premiado, o xornalista marroquí Alí Lmrabet dará unha conferencia no Centro Cultural Torrente Ballester baixo a lenda "A liberdade de expresión do Reino de Mohammed VI".

- 08:49 27/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)