Un dos últimos virus detectados na rede, o Trojan.W32/PGPCoder, é un troiano que despois de se instalar no ordenador cifra os arquivos do usuario impedindo o acceso ós mesmos. O virus ataca a sistemas operativos de Microsoft chegando a esixir 200 euros a cambio de volver as cousas o seu estado orixinal.