Os seareiros xa non tiñan dúbida dende hai anos da importancia do Festival de Ortigueira, o evento musical con máis capacidade de convocatoria que existe en Galiza, e un dos maiores do Estado, con arredor de cen mil espectadores na súa última edición, a vixésima. "72 horas de xullo cheas de música en liberdade. Agora, o ministerio de Industria e Turismo decidiu á fin concederlle a categoría oficial de "Festa de Interese Turística Internacional". Unha mestura salvaxe de tribos, natureza e festa", foi lema o pasado verán dunha festa que xuntou a grandes nomes do folc internacional e galego: The Chieftains, Alan Stivell, La Botine Souriante, Capercaillie, Quempallou, Susana Seivane ou Os Cempés.