O xenoma do rato, ó mamífero máis frecuentemente utilizado na investigación médica e psicolóxica, se descifrará gracias a un importante programa anunciado este mes polo National Institutes of Health (NIH). Dez laboratorios, agrupados na Rede de Secuenciación do Xenoma do Rato (MGSN), recibirán 21 millóns de dólares como orzamento para este traballo. A dotación xenética dun rato consta de 21 cromosomas e 3000 mil millóns de pares de bases. O proxecto tratará, en tres anos, de determina-la organización física dos cromosomas e maila orde das bases.
Os ratos e as persoas comparten moitos do procesos fundamentais e de comportamento. Por
esta razón, os ratos son os animais máis utilizados na investigación nos laboratorios
das enfermidades humanas. Segundo o Director do NIH o Dr. Harold Varmus "cando se
teña o xenoma do rato pódese comparar co xenoma das persoas e doutras especies animais,
acelerando moitas vías de investigación como a avaliación da predisposición a algunhas
enfermidades, a predicción de respostas a medicamentos, drogas e axentes ambientais ou o
deseño de novos medicamentos". Moitos científicos biomédicos valoran a importancia
de ter descifrado o secuencia do ADN dos ratos. É unha proba que tódolos institutos do
NIH, co apoio da oficina do director, contribúen e respaldan o MGSN, demostrando a
importancia deste traballo en moitos campos. A investigación sobre o xenoma do rato
transcorrerá en dúas etapas, seguindo a estratexia empregada polo Proxecto Internacional
Xenoma Humano. Primeiro, os científicos traballarán na busca dunha visión global das
instrucción xenéticas do rato, algo así como un borrador da secuencias do seu ADN. Esta
etapa completarase, a máis tardar, no ano 2003. Despois voltarán para enche-los baleiros
e rematar en detalle a secuencia do ADN. Esta derradeira etapa rematará no ano 2005. Por
outra banda, o Proxecto Xenoma Humano rematará a primeira etapa na primavera do ano 2000
e a derradeira ó redor do 2003. Un vintecinco por cento do xenoma xa foi secuenciado por
unha corporación internacional de centros de investigación. Tódolos datos da secuencia
están a disposición do público en xeral no GenBank.
A decisión de inicia-los traballos da secuenciación do ADN dos ratos, tomouse polos
avances tecnolóxicos e polo apoio da comunidade científica dos Estados Unidos e
internacional.
O traballo conxunto da comunidade internacional descifrou o xenoma da bacteria Escherichia
coli, con cinco millóns de pares de bases, de Saccharomyces cerevisiae con 12
millóns de pares de bases e do ascáride con 97 millóns de pares de bases. O xenoma da
mosca da froita (Drosophila melanogaster) de 140 millóns de pares de bases,
completarase en breve.
Ós centros e organismos participantes lle esixiron solvencia e unha certa capacidade,
para aumenta-los número de laboratorios implicados no proxecto.
Máis información.