Organizacións como Amnistía Internacional ou Human Rights Watch terán que abandonar Cimbabue despois de que o goberno do país africano aprobase unha lei para impedir as actividades das asociacións internacionais de dereitos humanos. A norma indica que se unha organización local recibe axuda financeira do exterior poderá pecharse e os seus membros detidos e ingresados na cadea. En definitiva, ninguén poderá denunciar en Cimbabue as constantes violacións dos dereitos humanos que comete o goberno de Robert Mugabe.