Hai doce meses que saía á rúa o diario en eusquera Berria, que substituía ao Euskaldunon Egunkaria, con doce anos de historia logo do seu nacemento por iniciativa cidadá, e pechado catro meses antes polo xuíz Garzón por presunta colaboración con ETA. A acción foi longamente denunciada coma ataque á liberdade de expresión e ao dereito á información. Esta fin de semana houbo unha nova concentración para pedir a liberdade de Iñaki Uría, o único membro do consello de administración do xornal que segue no cárcere.