Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRO-POP

O blogmillo xúntase no Día do Orgullo Pailán

O blogmillo, a comunidade virtual artellada ao redor dos blogs galegos, ten prevista a súa presentación pública co gallo dunha festa inventada e organizada pola rede: o Día do Orgullo Pailán, tamén chamado festa Agropop-art. O cartel reproduce unha variación warholiana sobre paisana local, o dress-code inclúe escarbadentes na boca, gorra de husqvarna ou mandilón cruzado, e a música comporase de clásicos das nosas verbenas máis autóctonas. A cita, no pub Casa das Crechas de Santiago, o venres 18. Máis información nos blogs de Paleón e TodoNada.

- 08:35 17/06/2004
Tags:


5/5 (1 votos)