Con preto do 100% do reconto realizado, ‘Nova Democracia’, a forza conservadora liderada por Costas Caramanlis, conseguiu máis do 45% dos votos que lle darían 165 escanos, fronte ao 40% dos socialistas do PASOK, con Iorgos Papandreu á fronte, e o case 6% dos comunistas. A organización das próximas Olimpíadas, con importantes atrasos nas obras e tema vetado polas grandes forzas no debate electoral das últimas semanas será unha das claves a curto prazo na axenda política, xunto coas negociacións para a reunificación de Chipre.