Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESIDENCIAIS GREGAS 2004

A dereita de Caramanlis parte como favorita en Grecia

O ano 2004 vai ser moi importante para Grecia. No verán celebraranse as Olimpiadas, e quizais antes diso teña lugar a reunificación chipriota, que derrubaría a xa vella tensión con Turquía polo control do Exeo. E este domingo, ademais, escólle o presidente para os vindeiros catro anos.

- 20:21 06/03/2004
Tags:

As enquisas, sen embargo, non son claras. Apuntan unha lene victoria do líder da oposición conservadora, Costas Caramanlis, pero nos últimos días de sondaxes a marxe de ventaxe foise reducindo ata o 3%. Caramanlis, sobriño do vello Constantin Cramanlis, líder histórico da dereita grega e primeiro ministro antes e despois da ditadura dos xenerais, xa quedou a un só punto dos socialistas nas presidenciais de 2000.

En fronte ten un antigo novo líder: o socialista Iorgos Papandreu, fillo do antigo presidente grego. Iorgos Papandreu foi ministro de exteriores do presente goberno de Costas Simitis, e leva na lapela os logros do proceso de paz en Chipre. Sen embargo, as comparanzas co pai son inevitábeis: menos populismo, máis tecnocracia.

O Parlamento grego, na actualidade, ten 158 escanos gardados para os socialistas do PASOK, cun 44% dos votos. Os conservadores de Nova Democracia teñen 125, co 43%. Lonxe deles, os comunistas, cun 5%, teñen 11 escanos, e os Sinaspismos (esquerda ecoloxista), un 3% e 6 escanos. Estes dous partidos agardan das enquisas unha lene suba, que lles podería dar a chave no caso de que o apertado dos resultados non deparase unha maioría absoluta.


Ligazóns

0/5 (0 votos)