A asociación de empresas galegas en internet, Eganet, entregou este martes durante as xornadas Galicia Tic os primeiros Premios Eganet, co obxectivo de estimular o traballo de creación de empresarios e profesionais galegos. Velaquí os premiados: mellor web de empresa, Caramelo; mellor iniciativa empresarial, Infotarifa; mellor web de medios de comunicación, Código Cero; xoves emprendedores en internet, Igalia; hot spot profesional, Ifevi. Ademais, Antonio Llanos, creador do portal Legazpi recibiu o premio de honor.
.