Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

'Por conto alleo' descende ao papel

A colección de relatos participativos 'Por conto alleo' naceu a finais de 1999 en Vieiros, cando aínda alumeaba o vello século. Os nosos lectores e lectoras mandábadeslle ao escritor e xornalista ourensán Camilo Franco un par de palabras, coas que o narrador vos construía un conto, que saía publicado en Vieiros. Velaí os podedes consultar todos. Foi a primeira experiencia de literatura participativa que se facía en Galicia, e tamén o primeiro libro de creación electrónica. Despois diso, en 2001, Camilo Franco desenvolveu o seu Necesariamente X, onde o motivo de inspiración eran fotografías pornográficas enviadas tamén por vós. Agora 'Por conto alleo' salta ao papel da man de Galaxia, nun volume que inaugura a colección 'Illa nova', xunto con 'Accidental', de Manuel Darriba. Ler 'Por conto alleo'.

- 13:08 09/06/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: