José Ramón Pais é o novo presidente de EGANET (Empresas Galegas adicadas a Internet), organización que elixiu a súa nova xunta directiva nunha asemblea que celebrada o venres en Santiago. Pais, de Así-Red, acadou a maioría dos votos fronte á candidatura de Ana Domínguez (14 contra 5 e 5 en branco), prometendo unha renovación a fondo do xeito de levar a asociación. O resto da directiva está conformada por: Manuel L. Pan (vicepresidente primeiro, de Abertal), José Rando (vicepresidente segundo, de Telémaco), Rubén López (tesoureiro, de GaliciaBanner), José Luís Álvarez (secretario, de Shylex), José Antonio Martínez (vocal 1, de TLR Soft) e Daniel Ramos (vocal 2, de Corunet).
.