Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Deputados mexicanos piden mudar a Lei Indíxena

Hai seis meses o Goberno mexicano promulgaba a Lei Indíxena nun intento de rematar coa loita armada no estado de Chiapas. O Exército Zapatista de Liberación Nacional, EZLN rexeitouna porque o documento suprimía o dereito á autonomía territorial dos pobos indíxenas e non os recoñecía como suxeitos de dereito público. A oposición fai agora unha proposta que quere correxir algúns deses problemas, dándolle a estes pobos capacidade para decidiren as súas formas internas de convivencia e a organización socio cultural e mesmo económica e política. Por outra banda, a Corte Federal do país tamén ordeou a reapertura da investigación da matanza de Tlatelolco, en 1968, cando foran asasinados polas forzas públicas máis de 300 estudiantes.

- 10:12 21/02/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: