As mobilizacións contra a LOU non foron abondo para botar embaixo o San Teleco, a maior concentración festiva da facultade viguesa e unha das maiores do estudantado do país. Folga non rifa con festa, pensaron os alumnos de telecomunicacións. Primeiro a devoción ao santo e logo as protestas a quen faga falta. Á hora das concentracións contra a LOU, as 12h da mañán, estaba previsto un bingo no párquing da escola. A continuación reparto de santa sangría. Ata o mencer do xoves, festa rachada.
.