O agardado lanzamento do Mac OS X xa está aquí. Este sábado 24 de marzo porase á venda o novo sistema operativo creado por Apple, cun prezo que rondará as 27000 pesetas.
Na publicidade do X, Apple xa anuncia a súa esencia: "Mac OS X supón un verdadeiro adianto. 'Simplemente' ofrece a potencia e a estabilidade do UNIX coa simplicidade e a elegancia do Macintosh".
Este sistema operativo combina un conxunto de potentes funcións que tratan de sacarlle o máximo partido á internet. Entre elas destaca o mail, unha aplicación completa de correo, construída desde o primeiro momento como unha parte integrante do OS X. Pola súa parte, a nova interfaz Aqua mantén ao usuario informado de todo aquelo que sucede no ordenador.
Eso sí, só poderán disfrutar deste sistema aqueles computadores que dispoñan de 128 Mb de memoria RAM. Ademais non soporta os procesadores PowerBook G3 e Power PC orixinais.
A presentación do novo OS X realizarase en diversos distribuidores autorizados Apple, aínda que Galicia non entra nos seus plans. Por proximidade, os únicos privilexiados serán os berciáns ... se desexan desprazarse ata León.
.