"Americanos que non contan: a familia Sánchez na súa casa, Texas", é o pé de foto da imaxe gañadora do 44 edición do premio anual World Press Photo. A súa autora é a 'freelance' norteamericana Lara Jo Regan e publicouna na revista Life en marzo pasado. A fotografía que acadou este prestixioso concurso mostra unha nai e os seus fillos nunha infravivenda en Texas nun intento de denuncia da situación dos inmigrantes ilegais nos Estados Unidos.
.