Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Gea Escolano quere un partido antiabortista

O bispo de Mondoñedo-Ferrol, José Gea Escolano, vén de propor que se cree un partido político católico e antiabortista, que actuase como formación 'bisagra' para dar apoio á formación de goberno a cambio de "condicións morais". O polémico dirixente desta diócese escribiu unha carta aos medios na que explica que "do mesmo xeito que hai grupos ecoloxistas ou doutro tipo que, malia que non gobernen, poden apoiar ao partido gobernante se acerta os puntos principais do seu programa, pode haber tamén un partido en defensa da vida e dos grandes valores, e os seus votos poden ser necesarios para conseguir maiorías". Na web da Conferencia Episcopal Española podemos atopar interesantes documentos sobre o aborto: "O aborto con pílula tamén é un crime" (1998) e "O valor da vida humana e o proxecto de lei sobre o aborto" (1995).

- 11:24 19/12/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: