Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Codega, satisfeita coa decisión sobre Pinochet.

O voceiro da Comisión dos Desaparecidos Galegos na Arxentina (Codega), Manuel Barreiro, sinalou onte que se deu un "paso importante" na creación dun orden internacional sen fronteiras para os dereitos humanos, coa decisión do Ministro británico do Interior, Jack Straw, de dar luz verde a continuación do proceso de extradición do xeneral Augusto Pinochet a España.

- 00:50 16/04/1999
Tags:

Nun comunicado, Codega (da que forma parte Amnistía Internacional, CCOO, UGT, EdeG e a Federación de Veciños Eduardo Chao) manifestou a súa "ledicia" pola noticia e calificou a decisión de Jack Straw de "ventan de esperanza" para que se poida facer xustiza ás vítimas das violacións dos dereitos humanas no mundo. Neste comunicado, lembran tamén que, os tribunais británicos, deberán decidir sobre a extradición de Pinochet por 34 casos de tortura cometidos despois do 8 de decembro do ano 88, asemade polos 1.198 desaparecidos dende esta data. Pola súa banda, o secretario provincial de Amnistía Internacional en Pontevedra, Alberto Estevez, dixo que esta decisión do Ministro británico do Interior, é a mellor reafirmación da protección dos dereitos humanas que as vítimas poderían desexar. Amnistía Internacional lembrou que o seguinte paso é, que o xuíz do Tribunal de Maxistrados de Gran Bretaña comprobe que o goberno español, presentou as probas suficientes para xustificar a extradición. Neste caso, ordenarase que o ex-dictador, permaneza baixo fianza no Reino Unido á espera de que Jack Straw decida entregarllo ás autoridades españolas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: