Un pequeno artefacto foi explosionado pola policía pouco despois do mediodía de hoxe sábado en Santiago. O artefacto, introducido nunha mochila, estaba depositado nun caixeiro automático de Caixa Galicia, na céntrica Praza de Galicia. A policía desaloxou todas as rúas próximas e procedeu á detonación. Xa hai polo menos dúas persoas detidas e a policía destaca que estes individuos eran obxetivo dun estreito seguemento nos últimos días. O dispoisitivo de seguridade mantense activo e a operación policial continúa aberta, a pesar de que fontes policias insisten en apelar á calma e en que a situación está "controlada".