Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COLECTIVOS FEMINISTAS RECOLLEN SINATURAS

Campaña para que o Estado deixe de financiar a Igrexa

A "Rede Feminista contra a Violencia de Xénero", iniciou esta semana a recollida de sinaturas entre os cidadáns para a fin do financiamento estatal para as confesións relixiosas. "A Igrexa fixo un ataque antidemocrático", advertiu unha voceira do colectivo, en referencia á carta que o Vaticano lle enviaba recentemente aos bispos apoiando o rol tradicional da muller na familia.

- 06:50 03/08/2004
Tags:

O lanzamento da campaña coincide coa resposta a ese texto oficial da igrexa vaticana asinado polo cardeal Ratzinger. Nese sentido, os colectivos feministas subliñan as denuncias xa realizadas nos últimos tempos por colectivos homosexuais contra a Igrexa Católica, por considerar que está alentando principios baseados na discriminación e a desigualdade. Así, piden que isto sirva para traer ao primeiro plano o debate social sobre a necesidade de que ningunha confesión relixiosa teña carácter estatal.

Ao respecto, o propio ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, declaraba este luns que tanto goberno coma Santa Sede deberían comezar a considerar a necesidade de que no futuro a Igrexa "se autofinancie" avisando que a porcentaxe de cota que os contribuíntes marcan no seu IRPF "é provisional". En todo caso, o ministro aclarou que o goberno non vai revisar de forma inmediata eses acordos "Sería posíbel", matizou Aguilar, "pero non está no no programa do PSOE facelo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)